Abramos o Círculo. Programa para homes con problemas de control de violencia.

Abramos o Círculo é un programa de atención psicolóxica especializada e de apoio, financiado pola Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia, e dirixido a homes que adoptan actitudes inadecuadas  e violentas nas relacións coa súa parella, coa súa familia, co seu círculo social e desexan adquirir novos modos de comportamentos exentos de agresividade.

O programa ofrece dúas áreas de atención:

  • Información
  • Atención/intervención psicolóxica personalizada

Obxectivo

Ofrecer atención e terapia psicolóxica a homes que queiran aprender a resolver conflitos sen violencia e a comunicarse mellor coa súa familia e coa súa parella.

Requisitos para acceder ao programa

O acceso é gratuíto e anónimo.

Persoas ás que se dirixe

Homes con problemas de control da violencia que desexen:
  • Aprender a resolver conflitos sen violencia e a comprender a natureza da violencia
  • Aprender a comunicarse mellor
  • Relacionarse coas mulleres con respecto e igualdade
  • Educar os seus fillos e fillas en igualdade
  • Asumir hábitos positivos de relación e convivencia


Xestionado por

Subdirección Xeral para o Tratamento da Violencia de Xénero

Atención e asesoramento
Teléfono: 630 170 140 de 10-13 horas e de 16-19 horas ou no Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Rúa da Espiñeira 10, baixo; 15706 Santiago de Compostela).
Correo electrónico: copgalicia@correo.cop.es
Web do Colexio

Tamén na Secretaría Xeral da Igualdade: San Lázaro, s/n - 15781 Santiago de Compostela. Tfno: 981 545 351.

Colectivo: