Listaxe de protagonistas


Inmaculada Paz Andrade (Pontevedra, 1928). É a primeira muller catedrática de Física da Universidade de Santiago de Compostela e destaca, entre outros moitos méritos, por ter introducido en España os estudos de Microcalorimetría, converténdose nunha referencia a nivel mundial como especialista en Microcalorimetría, Termoxéneses e Análise Térmico Diferencial.

Begoña Vila, astrofísica galega, suma un novo recoñecemento á súa carrera profesional: o premio Wonenburger, que destaca a súa excelente labor científica.
Begoña Vila Costas (Vigo, 1963) é unha astrofísica viguesa especializada no estudo de galaxias espirais. Actualmente reside en Washington DC, onde lidera un equipo composto por máis de mil persoas, e é unha das principais responsables do telescopio espacial James Webb, que será o sustituto do Hubble.

Cristina Pato (Ourense, 1980) é unha música galega residente en Nova York desde o ano 2004. É titulada superior en Teoría da Música, Transporte e Acompañamento, Piano e Música de Cámara polo Conservatorio Superior de Música do Liceo de Barcelona. Ademais, realizou un máster en Artes Dixitais na Pompeu Fabra e é doutora con honores en Artes Musicais en Piano Colaborativo na Universidade Rutgers (Estados Unidos).

Margarita Salas Falgueras (Asturias, 1938) é unha das figuras imprescindíbeis da historia da ciencia española. Esta bioquímica española, pioneira en investigación biomolecular, foi unha das poucas privilexiadas da súa época ao poder facer realidade o soño de adicarse ao que realmente lle apaixoaba.