Exposición 'Mulleres no obxectivo'

01/03/2011

Mulleres no Obxectivo é unha mostra recolle fotografías de 23 fotoxornalistas galegos/as que trata de sacar á luz, desde unha óptica de normalidade e respecto, as imaxes que nos achegan ao día a día das mulleres e á súa relación cotiá co traballo ao longo da historia, e á conciliación da vida laboral e familiar.

Esta exposición é o primeiro acto de conmemoración do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, no ano 2011.

Dentro da mostra, comisariada por Belén Fortes, inclúese a peza audiovisual Mulleres XX, sobre as mulleres galegas e o traballo. Esta peza, que toma o nome do cromosoma feminino, amosa ás primeiras traballadoras do sector téxtil, do conserveiro, ás primeiras redeiras, ás mestras, ás lavandeiras, ás médicas, ás xornalistas, etc… dende o pasado ata a actualidade.

Ademais, o vídeo, que ten como eixo temático a progresión da mulleres en distintos postos laborais ata chegar ao momento actual, conta con testemuñas e valoracións deste camiño percorrido realizadas por mulleres de recoñecido prestixio polo seu traballo en distintos campos da actividade económica, intelectual ou social.

Esta exposición, na que ademais dos fotoxornalistas, que participaron cedendo as súas obras, participou tamén o Centro Galego de Artes da Imaxe, dependente da Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia e o Museo ANFACO da Industria Conserveira, percorrerá durante todo o ano 2011 diferentes concellos galegos.

Relación de participantes na exposición 'Mulleres no obxectivo'

  • Andrés Fraga Pérez, El País
  • Antonio Hernández, El Correo Gallego
  • Xurxo Lobato, Freelance
  • Víctor Mejuto, La Voz de Galicia
  • Noelia Rodríguez, Freelance
  • Vanessa Casteleiro, Xornal de Galicia
  • Ramón Leiro, La Voz de Galicia
  • Miguel Muñiz, ABC
  • Marta G. Brea, Faro de Vigo
  • Malú Rodríguez, El Progreso
  • Toño Parga, El Progreso
  • Luís Sánchez "Koldo", UGT-Galicia
  • J. M. Álvarez Marciel, El Progreso
  • Martina Miser, La Voz de Galicia
  • Mónica Irago, La Voz de Galicia
  • Quintana, El Ideal Gallego
  • Tamara de la Fuente, freelance
  • Xoán Álvarez Rey, EFE
  • Susy Suárez, El Ideal Gallego
  • Óscar Corral, El País
  • Amador Lorenzo, Freelance
  • Xoán Crespo, Xunta de Galicia

Fotos históricas CGAI

  • Fábrica de xabón (A Toxa) - 1930 CGAI
  • Paisaxe de Argote (Noia) - s.d. CGAI
  • Pascual Rey - Obras no porto de Ferrol - 1909 CGAI
  • Mercado de Cestas (Pontevedra) - s.d. CGAI
  • Lavadeiro nos Castros (A Coruña) - s.d. CGAI

Fotos históricas do Museo ANFACO

  • Fábrica Massó I (anos 50) - Museo Anfaco de la Industria Conservera
  • Fábrica Massó II (anos 50) - Museo Anfaco de la Industria Conservera
  • Fábrica Massó III (anos 50) - Museo Anfaco de la Industria Conservera
  • Fábrica Portanet (1910) - Museo Anfaco de la Industria Conservera