Xornadas galegas de pais e nais 'Educando en Igualdade'

No proceso de construción da personalidade, a familia ten un papel fundamental, pois é o primeiro axente de socialización para calquera persoa dende o seu nacemento. A través dela, nun principio, e posteriormente a través doutros axentes socializadores, as nenas e os nenos adquiren coñecementos e aprenden a relacionarse co contorno, internalizando pautas de comportamento e construíndo á súa personalidade.

02 de Outubro de 2011

Pola importancia da familia como primeiro referente na socialización das criaturas e dado que non existían actividades de formación en xénero para responsables familiares, dende o ano 1998 no Seminario Permanente de Educación en Igualdade decidiuse impulsar as Xornadas galegas de nais e pais educando en igualdade.

Os temas tratados variaron ao longo das xornadas realizadas ata o momento. A continuación enuméranse esquematicamente:

  • 1ª Xornada: Fomento da comunicación e o diálogo entre nais e pais e responsables escolares. Reflexión familiar sobre estereotipos de xénero
  • 2ª Xornada:  Promoción do valor da igualdade como consubstancial á tarefa educativa intrafamiliar. Experiencias de escolas de nais e pais
  • 3ª Xornada:Importancia da convivencia familiar na construción da identidade persoal dende os primeiros anos
  • 4ª Xornada: Prevención da violencia de xénero
  • 5ª Xornada: Prevención da violencia de xénero: aprender a superar a súa aprendizaxe e a mediación nas relaciones familiares
  • 6ª Xornada: Xogo e xoguete non-sexista
  • 7ª Xornada:  Construción de novos estereotipos
  • 8ª Xornada: Supervivencia doméstica: o exercicio 
  • 9ª Xornada:Afectos, emocións e sexualidade na infancia e na adolescencia
  • 10ª Xornada: Nais, pais, fillas e fillos traballando pola igualdade
  • 11ª Xornada:Coeduca no deporte