VI Curso de Verán 'Novas fronteiras na igualdade de oportunidades: escola para a igualdade'

Trátase dun curso imprescindible no momento actual, e cunha programación ambiciosa, na que se abordarán aspectos, contidos e problemáticas de gran interese, e no que intervirán profesionais e destacadas expertas e expertos que traballan cara a igualdade de oportunidades, cun enfoque multidisciplinar e dende diferentes ámbitos de actuación de todo o territorio nacional, universidades, administración, asociacións, fundacións, empresas...

Público ao que vai dirixido:

  • Estudantes Universitarios/as.
  • Diplomadas/os, licenciadas/os, doutoras/es ou profesionais que traballen con mulleres en institucións públicas ou privadas e que queiran ampliar os seus coñecementos previos, ou incorporar por primeira vez a perspectiva de xénero e a igualdade de oportunidades na súa practica profesional ou no seu acervo de coñecementos
  • Profesionais e persoal técnico de institucións públicas e privadas: Concellos, Comunidades Autónomas, Administración do Estado
  • Docentes, Persoal do ámbito do ensino
  • Educadoras/es sociais
  • Traballadores/as Sociais e Orientadoras/es Laborais
  • Educadoras/es, partidos políticos, fundacións, sindicatos, ONG,s, asociacións sociais e/ou culturais

Entidades organizadoras: Universidade de Santiago de Compostela (USC) e Oficina de Igualdade do Concello de Lalín
Lugar e data: Auditorio Municipal de Lalín, do 20 ao 23 de xullo
Inscrición: ata o 20 de xullo
Máis información en http://www.lalin.org/igualdade/

Feitos vitais: 
Colectivo: