Taller dirixido a mulleres en situación de desemprego con estudios de nivel de diplomatura, licenciatura ou equivalente, ou FP II que teñan coñecementos informáticos a nivel usuaria.
O taller terá lugar nas dependencias da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de Compostela do 22 ao 26 de setembro cunha duración de 40 horas. O taller ten como obxectivo que as mulleres participantes adquiran coñecementos e habilidades relacionadas coa Sociedade da Información e o Xénero que previsiblemente favorecerán o seu empoderamento, desenvolvemento persoal, capacidade de emprendemento e empregabilidade.