O concello de Mos organiza un obradoiro de teatro para expresarse en igualdade

A concellaría de Benestar Social do concello de Mos organiza o obradoiro de teatro "Aprender a expresarse con emocións e sentimentos sen violencia e na igualdade", coa finalidade de contribuír a erradicar a violencia de xénero e sensibilizar á poboación mosense sobre esta indesexable realidade social.

As persoas interesadas  en participar deberán estar empadroadas en Mos, ser maiores de 16 anos e dirixirse -ata o día 8 de outubro- ao departamento municipal de Benestar Social, ou ben facelo o propio día 8 a partir das 11.00 horas da mañá no centro Multiusos.

O obradoiro impartirase dende o 10 de outubro ata o 25 de novembro no centro Multiusos, aínda que a presentación terá lugar o sábado 8 de outubro ás 11.30 horas neste mesmo lugar.

Para o desenvolvemento do obradoiro formaranse dous grupos: un con horario de mañá, de luns e venres de 10.30 a 12.30 horas, e outro, tamén os luns e venres pero con horario de tarde de 18.00 a 20.00 horas.