María do Carme Kruckenberg. "A voz da auga"

María do Carme Kruckenberg presenta o venres 14 de xaneiro, na Sede Fundación Caixa Galicia da Coruña (Cantón Grande), a partires das 19:00 horas, o poemario A voz da auga, 84 poemas divididos en catro partes para percorrer as catro estacións: primavera, verán, outono, inverno. Con este traballo a autora completa unha travesía poética que chega á súa fin a través dunha madurez lírica conquerida grazas ao seu paso por importantes etapas do ciclo vital.