I Simposio Internacional sobre Familias Monoparentais: retos e dilemas en tempos de cambio

A Rede Temática Internacional de Investigación sobre Familias Monoparentais –Red TIIFAMO- e o Grupo Interuniversitario Copolis. Bienestar, Comunidad y Control Social, adscrito á Universidade de Barcelona, organizan, o  xoves 27 e o venres 28 de outubro de 2011 o II Simposio Internacional sobre Familias Monoparentais, baixo o lema 'Retos e dilemas en tempos de cambio' e que transcorrerá na Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Universidad de Barcelona (Avenida Diagonal 690, Barcelona).

O obxectivo deste simposio é crear un espazo de encontro, intercambio, reflexión e debate de todas as persoas e grupos que traballan no ámbito das familias monoparentais, xa sexa dende a investigación académica, a investigación profesional, o deseño, desenvolvemento e implementación de políticas públicas, ou ben dende a propia experiencia de vivir nestes grupos de convivencia familiar.

Nestas xornadas, que se propoñen  fomentar as análises multidisciplinares e multisectoriais sobre as familias monoparentais para visualizar as súas realidades e necesidades, contarase coa participación de mais de 30 personas en representación de 40 expertas e expertos pertencentes a 25 entidades e universidades de 7 países diferentes, que entorno a dous bloques temáticos: Infancia, crianza e monoparentalidade (a desenvolver o día 27) e Políticas, protección social e monoparentalidade (a desenvolver o día 28) participaran en diferentes mesas redondas que xirarán entorno a: representacións da maternidade e paternidade; rupturas, proxenitores e monoparentalidade; custodia compartida e monoparentalidade; políticas sociais e monoparentalidade; protección social e monoparentalidade; protección social e redes sociocomunitarias. Asimesmo, contemplase o desenvolvemento de varias actividades paralelas: presentación do libro "Las familias monoparentales a debate" de Elisabet Almeda Samaranch e Dino Di Nella (Dir.) (2011); reunión trianual da comisión promotora da Red Tiifamo; relatorios abertos das mesas redondas do II Simposio internacional.

Inscrición gratuíta.

Data límite para remitir a ficha de inscrición  o 25 de outubro.

Para máis información:
http://www.tiifamo.net
monoparentales@gmail.com
Teléfono: 934 024 308
De luns a xoves de 9.30 a 13.00 horas

Aula Magna da Facultade de Economía e Empresa da Universidad de Barcelona

Avenida Diagonal 690, Barcelona