Foro Galego de Educación para a Igualdade (todas as edicións)

Dirixido ao profesorado de educación infantil, primaria e secundaria é a principal actividade formativa centralizada e específica no eido da educación para a igualdade entre homes e mulleres que se realiza na comunidade autónoma galega.

Foro Galego de Educación para a Igualdade
14 de Abril de 2014

De sobra é coñecida a importancia da escola como axente socializador e transmisor de roles, polo que resulta imprenscinble ofertar formación en igualdade ás persoas que se ocupan profesionalmente das tarefas educativas.

O propósito dos foros é promover a construcción dun novo modelo formativo capaz de abranguer por igual, sen connotacións de xénero, ao femenino e ao masculino.

Entre os seus obxectivos figura tamén procurar a reflexión entre o profesorado galego sobre a transmisión de estereotipos de xénero no ámbito escolar e favorecer a toma de conciencia das e dos asistentes como axentes nesta situación discriminatoria, así como presentar investigacións e proxectos que servan de guía para traballar a educación en igualdade e a prevención da violencia de xénero.

Os temas tratados ao longo das trece edicións realizadas foron:

  • I foro: Fomento da revisión dos prexuízos, estereotipos, actitudes e comportamentos asumidos como “normalidades” e conducentes a xerar discriminacións de xénero.
  • II foro: Incremento da sensibilización do profesorado participante e favorecer a integración das perspectivas de xénero nos PEC.
  • III foro: Afondamento sobre a necesidade de continuar avanzando en novas concrecións do valor da igualdade. Favorecemento da reflexión crítica en torno á incidencia do currículo oculto na organización da convivencia escolar.
  • IV foro: Favorecemento da revisión, dende a perspectiva de xénero, da formación que se brinda na actualidade a alumnas e alumnos nos diferentes ámbitos curriculares.
  • V foro: Construción da identidade persoal e ás diferenzas que os colectivos masculino e feminino adoptan no proceso.
  • VI foro: Reflexión sobre como incorporar transversalmente a actividade docente e á dinámica escolar a prevención da violencia de xénero.
  • VII foro: Mellorar a situación e a previr situacións discriminatorias para nenas e rapazas pertencentes a culturas que non son as maioritarias no noso contorno.
  • VIII foro: ¿Coeduca a escola galega?.
  • IX foro: Feminino e masculino. A escola na formación das identidades.
  • X foro: Afectos e emocións. A escola na construción da autonomía persoal.
  • XI foro: O currículo coeducativo. Aplicacións prácticas.
  • XII foro: Por outra mirada: o papel social do ensino e dos medios de comunicación fronte á violencia de xénero
  • XIII foro: Orientación, titoría e construción dunha identidade libre de estereotipos
  • XIV foro: O papel da escola na construción das identidades masculinas.
  • XV foro: Vías de igualdade para estimular o talento dende a escola: Ensinar a emprender, aprender a emprender
  • XVI foro. A escola que constrúe emocións.
  • XVII foro. Diversidade sexual e convivencia