Curso "Igualdade e tratamento mediático da violencia de xénero"

A Secretaría Xeral de Medios e a Secretaría Xeral da Igualdade organizan o curso "Igualdade e tratamento mediático da violencia de xénero", que terá lugar, na sede da Escola Galega de Administración Pública, os días 22 e 23 de abril de 2015. 

Curso "Igualdad y tratamento mediático de la violencia de género"
22 de Abril de 2015 a 23 de Abril de 2015

O curso será gratuíto e ao finalizar entregarase un certificado de asistencia no que figurará o número de horas presenciais (16 horas) a todas as persoas que asistan á totalidade das sesións.

Haberá intérprete de lingua de signos española (LSE)