Concurso de deseño logotipo "Igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero"

Co obxecto de promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega sobre a promoción da igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero, a Deputación da Coruña, no marco das actividades do 25 de novembro do 2011, convoca un concurso de deseño dun logotipo ou composición gráfica/escrita como imaxe e símbolo identificativo para empregar nas actividades, publicacións e edición de materiais nesta área.

Dotado cun premio de 2.500 euros poderán concorrer a este certame todas as persoas físicas ou xurídicas, maiores de idade, individualmente ou en grupo, que presenten unha obra ou composición (inédita e non premiada con anterioridade e co texto en galego) que represente a promoción da “Igualdade de xénero e a loita contra a violencia de xénero”.

Poderá empregarse calquera técnica que permita a súa reprodución fotomecánica.

Achegarase os traballos en dous formatos:

Impreso:

  • Presentarase formato DIN A4 (29.7 x 21) en cartón pluma (sen cristal protector nin marco)
  • Electrónico: presentarase copia do traballo en soporte dixital en formato TIF a 300 puntos de resolución en tamaño formato DIN A3 que poida ser reproducido.


O prazo de admisión de orixinais finalizará o día 30 de decembro de 2011.

As candidaturas presentaranse no Rexistro Xeral ou dirixiranse á Deputación Provincial da Coruña, Avda. Alférez Provisional, 2, 15006 A Coruña, indicando no sobre: "Concurso de deseño de logo Igualdade de xénero e loita contra a violencia de xénero" e incluíndo o contido establecido nas bases deste certame.

A concesión do premio decidirase antes do 30 de xaneiro de 2012, e darase a coñecer a través dos distintos medios de comunicación e no apartado de novas da páxina web da Deputación www.dicoruna.es