2º Congreso ¿Por qué aínda non acadamos a igualdade?.

A Facultade de Dereito da Universidade de Salamanca organiza o 2º Congreso ¿Por qué aínda non acadamos a igualdade? que terá lugar os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2012 no Salón de grados da Facultade de Dereito – Salamanca. Este evento enmarcase na necesidade de incorporar os estudos de igualdade e xénero ao ámbito dos ensinos universitarios españois.

Santiago de Compostela
15 de Febreiro de 2012

Resulta imprescindible contribuír a fomentar o coñecemento da situación actual da muller, o que con toda a seguridade contribuirá e enriquecerá a reforma da posición da mesma na sociedade en xeral e na Universidade en particular. Explicar os motivos e razóns que fundamentan o por qué non acadamos aínda a plena e efectiva igualdade, a pesar dos enormes esforzos realizados polos diversos poderes públicos, e considerando que cada vez a situación é mais favorable á plena igualdade, pode xerar cambios nos comportamentos do estudantado universitario, un dos maiores destinatarios deste congreso, e que sen dúbida representan ás xeracións futuras.

É necesario educar en e para a igualdade e a realización deste evento trata de facelo.

Este congreso pretende constituírse nun espazo onde se fomente o diálogo ente as persoas relatoras e congresistas, establecendo unha quenda de debate ao remate de cada conferencia. Este diálogo é esencial para acadar os obxectivos pretendidos con esta proposta.

 Lugar

Salón de gradis da Facultade de Dereito- Universidade de Salamanca.

 Inscrición

A inscrición está aberta ata o día 13 de febreiro de 2012, podendo efectuarse a través da páxina web da universidade de Salamanca. Consultar instrucións e tarifas

 Presentación de comunicacións:

O prazo máximo de recepción de comunicacións finaliza o venres, 3 de febreiro de 2012, ás 14 horas.

As comunicacións presentaranse por correo electrónico nos enderezos tillo@usal.es e martala@usal.es ou por correo postal no enderezo: Facultade de Dereito. Universidade de Salamanca. Paseo Francisco Tomás y Valiente s/n, 37071 Salamanca, á atención da profesora Dª Marta del Pozo Pérez ou da profesora Drª Dª Marta León Alonso.