Evento

Ex., 20-04-2024
Ex., 20-04-2024

A mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, Cartas de amor continúa o seu percorrido polos centros educativos de Galicia. Estará no Instituto de Educación Secundaria Manuel Murguía de Arteixo do 26 de setembro ao 10 de outubro.

A mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, Cartas de amor continúa o seu percorrido polos centros educativos de Galicia. Estará no Instituto de Educación Secundaria San Vicente da Baña acolle do 24 de novembro ao 7 de decembro.

As escritoras Angeles Caso, Susana Fortes. Fina Casalderrey, Nativel Preciado, Javier Reverte ou Xosé Carlos Carneiro, participarán os próximos 24 e 25 de novembro no I Congreso sobre Literatura e Violencia de Xénero: "De Miss Marple a Lisbeth Salander", que organiza  a Secretaría Xeral da Igualdade no marco das actividades que terán lugar con motivo do Día Internacional contra a Violencia de xénero.

A Concellería de Servizos Sociais e Igualdade do concello de Dodro organiza, no marco das actividades programadas, un obradoiro sobre os valores que transmiten os medios de comunicación a través da publicidade. Este obradoiro está dirixido, de modo diferenciado, ao alumnado de 5º e 6º curso de Educación Primaria e 3º e 4º curso de Educación Secundaria.

O concello da Baña acolle a partir do 1 de xuño, e ata o día 15 do mesmo mes, esta mostra de quince fotografías e unha poesía que pretenden plasmar a realidade das mulleres do medio rural galego no século XXI. Esta exposición está organizada pola Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral da Igualdade.

A Rede de Mulleres Veciñais contra os Malos Tratos de Vigo quere convidar á participación a todas as mulleres que o desexen, pero máis específicamente ás mulleres que colaboran no movemento asociativo, ao III Encontro Nacional de Mulleres 2011 que transcorrerá na residencia de tempo libre de Panxón os días 27 e 28 de maio de 2011.

Coincidindo coa celebración do Día Internacional das Mulleres -o 8 de marzo- e arredor do congreso sobre o envellecemento activo das mulleres que se celebrará no Pazo de Congresos de Madrid os días 7 e 8 de marzo de 2011, o Instituto de la Mujer, coa colaboración de Canon, organizan este concurso a fin de realizar unha exposición e cartel conmemorativo do día 8 de marzo: Día Internacional das Mulleres; para isto, búscanse imaxes de mulleres maiores de 60 anos que desenvolven un papel activo dentro da sociedade española.

A Asociación de Hombres por la Igualdad de Género - AHIGE, con apoio do INJUVE e do Ministerio de Sanidad, Política Social e Igualdad, convoca o I concurso literario "O inimigo é o machismo", dirixido a xóvenes co obxectivo  de favorecer o seu empoderamento cara a defensa de modelos alternativos igualitarios.

A Universidade Rey Juan Carlos, a través da Cátedra de Xénero do Instituto de Dereito Público, ofrece no Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero unha oferta formativa enfocada á investigación académica coa perspectiva de xénero.

O concello lucense de Ribadeo acolle, do 16 ao 30 de xuño, a exposición 'Elas ensinan', unha homenaxe da Secretaría Xeral da Igualdade ás mulleres educadoras, pedagogas, ás mestras, como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral. Ribadavia será o seguinte concello onde se exporá a mostra.