Evento

Ex., 13-12-2018
Ex., 13-12-2018
02/10/2011

No proceso de construción da personalidade, a familia ten un papel fundamental, pois é o primeiro axente de socialización para calquera persoa dende o seu nacemento. A través dela, nun principio, e posteriormente a través doutros axentes socializadores, as nenas e os nenos adquiren coñecementos e aprenden a relacionarse co contorno, internalizando pautas de comportamento e construíndo á súa personalidade.

23/11/2010 a 01/11/2012
Formación on line

Máster en prevención e tratamento da violencia familiar. Un enfoque interdisciplinario

Ao longo dos días 7 e 8 de outubro de 2011 desenvolverase o Congreso Iberoamericano de Masculinidades e equidade, organizado pola Asociación Homes Igualitaris de Catalunya (HI) e centrado en tres eixos: a investigación en masculinidade; o activismo ou movemento de homes pola equidade; e a intervención e políticas dirixidas a homes que fomenten a equidade. O prazo para inscribirse comeza o 1 de xuño.

O concello coruñés de Cerdido acolle, do 16 ao 30 de novembro, a exposición 'Elas ensinan', unha homenaxe da Secretaría Xeral da Igualdade ás mulleres educadoras, pedagogas, ás mestras, como pioneiras da incorporación das mulleres ao mercado laboral. Melide será o seguinte concello onde se exporá a mostra.

O 26 e 27 de novembro terá lugar a Primeira Concentración de Tenis Feminino Galego no Club de Tenis Pontevedra, contando coa participación das dúas mellores xogadoras galegas do momento, Lourdes Domínguez e Leticia Costas.

O Instituto de la Mujer de Castilla La Mancha organiza o simposio "As políticas de Igualdade de xénero: novos desafíos e estratexias" que terá lugar o vindeiro 24 de febreiro na Escola de Administración Rexional, en Toledo.

A Unión de Asociaciones Familiares (UNAF), en colaboración con Salud y Familia, organiza a xornada técnica: "A violencia de parella contra as mulleres", que terá lugar o vindeiro xoves, 26 de maio, no salón de actos do Ministerio de Trabajo e Inmigración, sito na rúa José Abascal nº 39 – Madrid.

Máster organizado polo Instituto de Formación continua da Universidade de Barcelona co obxetivo de proporcionar as bases conceptuais, actitudinais e procedimentais necesarias para a comprensión, prevención, detección, avaliación e tratamento nas diferentes modalidades da violencia familiar. Dar a coñecer as técnicas e as metodoloxías a través dos recursos e programas existentes. Crear un espazo para a reflexión e a discusión en grupo, dende unha perspectiva interdisciplinaria para o deseño de proxectos de investigación-intervención.

A suspensión das barreiras formais que impedían ás mulleres participar na actividade científica e tecnolóxica en condicións de igualdade, amósase como un mecanismo insuficiente para garantir a desaparición das desigualdades de xénero. Por tal motivo, e coa finalidade de reunir a todas aquelas persoas do ámbito iberoamericano que traballen ou estean interesadas en temas relacionados coa ciencia e a tecnoloxía dende unha perspectiva de xénero, vense celebrando o Congreso Iberoamericano de Ciencia, tecnoloxía e xénero,  que dende o ano 1996 vense convocando dende diferentes países: España, Bos Aires, Panamá, México, Cuba, Brasil.

A mostra do cómic galego sobre violencia de xénero, Cartas de amor continúa o seu percorrido polos centros educativos de Galicia. Estará no Instituto de Educación Secundaria Miguel Ángel González Estévez de Carril (Vilagarcía de Arousa) do 31 de maio ao 13 de xuño.