Teléfono da Muller

Que é o Telefono da Muller?
É un servizo gratuíto e anónimo que funciona as 24 horas do día, desde calquera teléfono fixo ou móbil, e que ten cobertura para toda a Comunidade Autónoma.

Quen responde ao Teléfono da Muller?
Un equipo multidisciplinar coordinado con diferentes profesionais de toda Galicia.

Para qué se puxo en marcha?
Fundamentalmente cos obxectivos de:

  • Facilitar información sobre cuestións xurídicas, psicolóxicas, laborais, educativas, recursos e servizos para mulleres e calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade das mulleres que de forma individualizada o soliciten.
  • Prestar servizos de información e asesoramento ás mulleres sobre os recursos existentes en prevención da violencia e axuda integral ás vítimas.

Sobre que cuestións te podes informar?

O Teléfono das Muller está integrado por un equipo multidisciplinar que ten por finalidade informar e asesorar sobre cuestións relacionadas coas seguintes materias

  • Separacións, divorcios, abandonos do fogar, sentenzas incumpridas...
  • Malos tratos, vexacións, ameazas, agresións sexuais, acoso sexual...
  • Cursos ocupacionais, oposicións, bolsas de emprego, creación de empresas...
  • Discriminación laboral, permisos de maternidade e paternidade, apoio á contratación...
  • Servizos sociais, casas de acollida, centros de información á muller, programas para mulleres desfavorecidas,  gabinetes de orientación familiar..
  • Educación para a igualdade, materiais didácticos non sexistas, publicidade discriminatoria para coas mulleres...
  • Apoio ao asociacionismo, xornadas, seminarios, subvencións a asociacións, publicacións...
  • Políticas de igualdade, proxectos europeos, actuacións de medidas doutros organismos de igualdade...