Quen é quen na historia?

Os homes que defenderon os dereitos das mulleres:

Condorcet, Jean Antoine (1743-1794)

Condorcet destaca de forma moi temperá polas súas capacidades intelectuais. Inicialmente faino no campo das matemáticas. En 1765 publica o Ensaio sobre o calculo integral que sería o primeiro dunha larga serie.

En 1769 foi elixido membro da Real Academia das Ciencias.

En 1774, Turgot noméao inspector Xeral da Moeda. A partir dese momento centra a súa atención no campo da filosofía e a política interesándose particularmente polos dereitos humanos, en particular, dos dereitos das mulleres.

En 1777 foi nomeado secretario da Academia de Ciencias e posteriormente, no 1782, Secretario da Academia Francesa.

Como historiador non acada un recoñecemento tan grande como Voltaire, pero vai a representar o extremo máximo da filosofía no seu plano científico.

En 1789 estalla a Revolución francesa e Condorcet adopta un papel moi activo como defensor de numerosas causas liberais e deposita a esperanza dunha reconstrución racionalista da sociedade.
 
Tras a toma da Bastilla foi elixido para o Consello Municipal de París para ser posteriormente nomeado representante de París na Asemblea Lexislativa, tras solicitarse a implantación da República.

Propuxo un borrador de constitución para a nova Francia e adoptou una posición moi activa na reivindicación dos dereitos das mulleres amosándose partidario do voto feminino. Así o deixa patente no artigo publicado no Journal de la Société de 1789. Publica en 1790 Sobre a admisión das mulleres no dereito de cidadanía

Probablemente a súa maior contribución lexislativa foi o programa para deseñar o sistema educativo francés no cal introduce a noción de laicismo na educación.

Finalmente Condorcet foi descuberto e encarcerado. Ao día seguinte aparece morto.

August Ferdinand Bebel (Deutz -Alemaña-, 1840 - Passugg -Suíza-, 1913) 

Iníciase como aprendiz nun taller no que acadou o título de mestre tornero. En 1861 trasládase a Leipzig onde abriu o seu propio negocio, á vez que se afilia á sociedade de artesanía local.

En 1867 foi elixido deputado no Parlamento de Alemaña do Norte e, inmediatamente, ao seguinte ano, intervén no congreso de Nuremberg que lle dá paso á incorporación á Primeira Internacional.

Tralo estalido da guerra franco-prusiana, lidera a oposición á política expansionista de Bismarck. Acusado de alta traizón, foi condenado a dous anos de prisión por negarse a votar os créditos de guerra. Acadada a liberdade, foi novamente elixido deputado e consolidou a súa posición na cúpula dirixente do Partido Socialdemócrata. No ano 1900 pasa a ocupar o liderazgo do partido, trala morte do secretario xeral Wilhelm Liebknecht.

A súa doutrina política,  na que sobresae a praxes por enriba da teoría, queda refletida na obra "a Muller e o socialismo", ensaio escrito en 1879 que se converteu na obra de referencia do socialismo alemán e que chegou a coñecer cincuenta edicións en pouco máis de 30 anos.

"A muller da nova sociedade será plenamente independente no social e o económico, non estará sometida ao máis mínimo a ningunha dominación nin explotación, enfrontarase ao home como persoa libre, igual e dona do seu destino".

John Stuart Mill (Londres – Inglaterra: 1806-1873)

Filósofo e economista. A súa obra causou grande impacto no pensamento británico do século XIX.
Cultivou case todas as ramas da filosofía, dende a lóxica ata a teoría política pasando pola ética.
Mill considerase figura ponte entre a inquietude do século XVIII pola liberdade, a razón e a exaltación do ideal científico e a tendencia do XIX cara o empirismo e o colectivismo.

En filosofía, sistematizou as doutrinas utilitaristas do seu  pai, o filósofo e historiador James Mill, e de Jeremy Bentham en obras como O Utilitarismo (1863), onde defendía que o coñecemento descansa sobre a experiencia humana.

En economía política, defendeu prácticas que consideraba máis acordes coa liberdade individual,  recalcando que a liberdade podía estar ameazada tanto pola desigualdade social como pola tiranía política, ideas plasmadas no que probablemente sexa o máis famoso dos seus ensaios, Sobre a Liberdade (1859).

Estudou as doutrinas socialistas premarxistas e aínda que  non chegou a ser considerado un socialista, loitou de forma moi activa pola mellora das condicións das persoas traballadoras.

Conexión  co feminismo:
No Parlamento, Mill foi considerado un radical ao defender medidas como a propiedade pública dos recursos naturais, a igualdade das mulleres, a educación obrigatoria e o control da natalidade. A súa defensa do sufraxio feminino nos debates sobre o Programa de Reformas de 1867 levou á formación do movemento sufraxista.

A Mill non lle pasaron desapercibidos os estereotipos e as expectativas vitais  que a sociedade do momento depositaba nas mulleres (analfabeta e instruída na pureza e honradez para poder acadar un marido)   e propuxo remedialo  a través da súa obra  “dereitos da muller”. Por elo, Mill pode ser considerado como un dos primeiros feministas masculinos. No seu artigo  O sometemento das mulleres (1869) fala sobre o rol feminino no matrimonio e a  grave necesidade de cambio. Neste escrito Mill comenta as tres principais facetas da vida da muller que supón un obstáculo: a sociedade e a construción do xénero, a educación e o matrimonio. Estes tres elementos están fortemente entrelazados influíndose mutua e enormemente; non obstante, a elaboración social do xénero e a sociedade en xeral son os que han de comezar o efecto dominó que producirá aquilo no que a muller debe converterse, caendo todo o demais tras ditos factores.

 Mill loitou pola educación feminina baseándose no feito de que as mulleres fosen as encargadas dos coidados e instrución  dos infantes (tanto nenos como nenas) ata que tivesen idade de entrar nas escolas (tipicamente só os nenos). Estes recibían unha educación defectuosa pois as propias nais carecían de educación. A única forma, dicía Mill, en que unha muller pode criar os seus fillos adecuadamente era estando educada ela mesma.

Outros dos puntos da crítica de Mill  era o feito de que a muller debe entrar na sociedade como parte da man de obra. Apunta Mill que poderían considerarse ao fin seres humanos e engadirse á "masa de disposicións mentais dispoñibles para os máis altos servizos da humanidade"; e dicir, que a humanidade só pode recibir beneficios da educación da muller, pois sumando as súas capacidades e as xa presentes, toda axuda á raza humana tornase máis doada.

O último argumento que Mill esgrimiu foi que os maridos tamén recibirían beneficios si as súas esposas fosen educadas, pois estarían versadas en negocios e outras labores tal que poderían serlles de axuda na toma de decisións. A muller non tiña dereitos ao entrar no matrimonio e o home era o  único sustento familiar e o único que encaraba as leis. Os maridos non recibirían senón beneficios da educación das súas  mulleres porque elas serían capaz de gobernarse soas.

Colectivo: