Elas escribiron historia: As primeiras xornalistas

25 de Novembro de 2021

Unha viaxe pola memoria daquelas mulleres galegas que loitaron pola igualdade, co obxectivo de poñer en valor o seu traballo no eido do xornalismo e da comunicación. Xornalistas, escritoras, mulleres comprometidas que pertencen a varias xeracións de creadoras que se bateron contra as vangardas estereotipadas e a tradición machista; mulleres silenciadas que contribuíron irremediablemente á modernización política, social e cultural, empregando o máis indestrutible instrumento de poder; a palabra, na súa escrita, na súa voz, na súa capacidade de comunicar.

 
Elas escribiron historia: As primeiras xornalistas

Documentos relacionados

Tema: