Coñecendo as nosas deportistas

03 de Xuño de 2021

O proxecto "Coñecendo as nosas deportistas" da Secretaría Xeral da Igualdade, pretende achegar unha serie de actividades, pequenas entrevistas e vídeos co obxectivo de coñecer a vida e opinións de mulleres referentes en distintas modalidades deportivas e visibilizar a situación da muller galega no deporte.

Este proxecto ten como finalidade difundir e visibilizar o papel que as deportistas galegas están a facer para avanzar na igualdade entre mulleres e homes en todos os eidos, de cara á eliminación dos estereotipos e as discriminacións que aínda persisten na sociedade.

É un proxecto dirixido a toda a sociedade e moi especialmente ás mozas e aos mozos de Galicia para promover a igualdade entre mulleres e homes.

Teresa Portela

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

Competidora de K1, a distancia olímpica máis curta de piragüismo.

  • 5 xogos olímpicos e clasificada para os sextos.
  • 32 medallas entre campionatos mundiais e europeos.

Susana Rodríguez

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Gañadora e medallista en campionatos europeos e mundiais.
  • Olímpica en Río 2016 e clasificada para Tokio 2020.
  • Licenciada en Medicina e Fisioterapia.

Tamara Echegoyen

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Medalla de ouro nas olimpíadas de Londres 2012 en Elliot 6m.
  • Campioa europea e mundial en Elliott 6m.
  • Dúas veces campioa mundial en 49er FX.

Desirée Vila

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Gañadora de campionatos galegos e nacionais e participante en campionatos do mundo en categorías base de ximnasia deportiva.
  • Campioa de España en 100 metros e salto de lonxitude en categoría paralímpica.

Verónica Boquete

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Gañadora da liga europea de campioas.
  • Xogou nas mellores ligas do mundo.
  • Pertence ao movemento Common Goal. A través del doa o 1% do seu salario para financiar proxectos sociais na comunidade.

María Bernabeu

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Medalla de prata e de bronce en campionatos do mundo.
  • Quinto posto nas olimpíadas de Río 2016.
  • Vai participar nos Xogos Olímpicos de Tokio 2021.

Nuria Bouza

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Competidora de Voleibol praia.
  • Forma parte da terceira parella no ránking español de Voleibol praia.
  • Gañadora de torneos nacionais e internacionais.

Saleta Castro

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Campioa de España de tríatlon en media e longa distancia.
  • Gañadora do Ironman de Maastricht 2017.
  • Sexta clasificada no campionato do mundo de Ironman en Hawái 2016.

Julia Benedetti

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Campioa de España.
  • Medalla de bronce nos campionatos mundiais de Qatar 2019.
  • Vai participar nos xogos olímpicos de Toquio.

Victoria Alonso

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Baloncesto en cadeira de rodas.
  • Internacional por España dende o ano 2003 e reseleccionada para participar nos Xogos Paralímpicos de Tokio.
  • Enxeñeira técnica industrial

Saleta Fernández

Coñécea na seguinte unidade didáctica.

  • Campioa e subcampioa de España en salto de altura.
  • Graduada en Publicidade, Márketing e Relacións Públicas.
  • Mestrado oficial en Innovación e Márketing Turístico.
Coñecendo as nosas deportistas
Tema: