Subvencións destinadas a pequenas e medianas empresas para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral

O DOG publica a orde do 21 de novembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (Pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.


O obxectivo desta liña de axudas é promover a elaboración de posta en marcha de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral que contribúan ademais a superar os estereotipos que adscriben a homes e mulleres a determinadas tarefas e funcións tanto no ámbito profesional como no ámbito privado e familiar.

Entidades beneficiarias:
Pequenas e medianas empresas domiciliadas en Galicia ou respecto dos centros de traballo establecidos en Galicia.

Accións subvencionables:

Poderase conceder subvención para o financiamento das seguintes actuacións, sempre que a súa realización non sexa anterior ao 1 de xaneiro de 2008:

  • Elaboración e/ou desenvolvemento de plans de conciliación.
  • Cursos de formación para personal directivo, responsables de Recursos Humanos e membros dos comités de empresa ou delegadas/os de persoal, dirixidos a entender as claves da concilicación e facilitar a súa aplicación na xestión empresarial.
  • Gastos que teñan como finalidade facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Contía das axudas:
O importe das subvencións será como máximo do 50% do orzamento total da actividade realizada, establecéndose ademais, segundo a natureza da actuación, os seguintes límites.

  • Máximo de 12.000 euros para a elaboración de Plans de conciliación.
  • Máximo de 20.000 euros para o desenvolvemento de actuacións recollidas nun Plan de conciliación.
  • Máximo de 10.000 euros para outras accións destinadas a favorecer a conciliación de cadros de persoal.

Farase un primeiro pagamento do 30% da subvención concedida, en concepto de adianto, no momento da notificación da resolución.

Normativa reguladora:
Orde do 21 de novembro de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, destinadas a pequenas e medianas empresas (Pemes) para a realización de plans ou accións a favor da conciliación da vida persoal, familiar e laboral (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 3 de decembro de 2008).

Prazo de solicitude
:
O prazo de presentación de solicitudes e demais documentación requerida na orde de convocatoria comeza o día 4 de decembro de 2008 e remata o día 3 de xaneiro de 2009.

Estado de tramitación: 
Resolta
Colectivo: