Subvencións destinadas a entidades de iniciativa social para o desenvolvemento de programas de apoio a mulleres xestantes e/ou lactantes con fillas/os menores de 3 anos

A Secretaría Xeral de Igualdade, en colaboración coa Consellería de Traballo e Benestar, consideran necesario desenvolver programas específicos de apoio á protección da organización familiar, fortalecer a estrutura familiar e protexer a cada persoa membro da mesma, prestando especial atención ás mulleres novas embarazadas en situación de risco de exclusión promovendo que poidan adquirir os medios que lles permitan conciliar o dereito á maternidade coa educación e a familia.

Obxeto

O obxeto desta axuda é potenciar a autonomía das mulleres destinatarias das accións, proporcionándolles apoio, asesoramento e acompañamento, e favorecer a súa incorporación ao mundo laboral, posibilitándolle a asistencia a actividades de formación.

As accións subvencionables ao abeiro desta resolución serán as que de seguido se indican e que terán como destinatarias ás mulleres xestantes e lactantes con fillas/os menores de 3 anos, en situación de posible vulnerabilidade social e/ou laboral:

  • Programas de información sobre os recursos existentes para elas e para os seus fillos/as.
  • Programas de acompañamento social que inclúan, entre outras, medidas de apoio psicolóxico que permitan superar as cargas emocionais que poida provocar a situación de embarazo ou maternidade.
  • Programas de orientación, asesoramento e busca de emprego, considerando as posibilidades de autoemprego.
  • Programas dirixidos á adquisición de competencias persoais e sociais adaptados ás circunstancias destas mulleres e dirixidos a preparalas non só para a súa inserción no mercado laboral senón tamén para afrontar a súa nova situación persoal: obradoiros nos que se imparta formación dirixida a obter certa precualificación profesional, complementados con formación relativa ás necesidades derivadas das súas circunstancias persoais (autoestima, habilidades sociais, nocións de pediatría, coidados básicos na infancia: alimentación, hixiene, primeiros auxilios, prevención de accidentes no fogar, patoloxías infantís máis frecuentes, e outros similares).
  • Medidas de apoio urxente, que en calquera caso deberán ser sempre complementarias dalgún dos programas enunciados nos apartados b), c) e/ou d) do artigo 4º da presente resolución, de xeito que non cabe a presentación dun proxecto que só contemple este tipo de medidas.

Beneficiarios

Poderán concorrer a esta convocatoria de subvencións as entidades privadas sen ánimo de lucro que presenten un programa de apoio a mulleres xestantes e lactantes, con fillas/os menores de 3 anos, en situación de posible vulnerabilidade social e/ou laboral, dirixidos a evitar a exclusión destas mulleres a través de accións facilitadoras do seu desenvolvemento persoal, familiar e laboral.

Requisitos

  • Estar debidamente inscritas no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais da Consellería de Traballo e Benestar.
  • Estar legalmente constituídas.
  • Non ter fin de lucro.
  • Ter como fin primordial nos seus estatutos a protección as nais xestantes, ou ben que poida desprenderse da súa actuación xeral que está entre os seus fins.
  • Dispoñer de estrutura e capacidade suficiente para garantir o cumprimento do programa, acreditando a experiencia necesaria para elo.
  • Desenvolver a súa actividade en Galicia.

Contías da axuda

Esta convocatoria, cofinanciada polo Fondo Social Europeo, ten un orzamento de 120.000 euros, dos cales 25.000 euros son achegados pola Secretaría Xeral de Familia e Benestar, e o resto pola Secretaría Xeral de Igualdade.

Prazo de presentación

As solicitudes de axuda poderán presentarse durante un mes contando a partir do día seguinte á súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), é dicir, dende o 6 de agosto ata o 6 de setembro de 2010.

Prazo de resolución

O prazo de resolución da subvención é de 4 meses a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no DOG.

Estado de tramitación: 
Resolta