Indemnizacións de pagamento único do artigo 43º da lei 11/2007 para vítimas de violencia de xénero

Esta resolución ten por obxecto regular as bases e o procedemento para a concesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, das indemnizacións, de pagamento único, a favor das mulleres que sofren violencia de xénero e/ou das e dos menores ou persoas dependentes afectadas por esta, para dar cumprimento ao previsto no artigo 43 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.

A finalidade destas axudas é evitar situacións de precariedade económica das vítimas de violencia de xénero, garantindo que as mulleres e/ou as e os menores ou persoas dependentes, residentes en Galicia, que sufran ou se vexan afectadas por este tipo de violencia poidan percibir as indemnizacións, fixadas mediante sentenza xudicial ditada polos xulgados e tribunais con sede en territorio galego, que lles correspondan polos danos e perdas ocasionados como consecuencia da dita violencia, no caso de que non se produza o pagamento das citadas indemnizacións por parte do obrigado a satisfacelas derivado da súa insolvencia.

Estado de tramitación: 
Resolta