Indemnización económica para fillas e fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero e mulleres gravemente feridas. Ano 2021.

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 14 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas de indemnización económica dirixidas ás fillas e fillos menores de 30 anos das vítimas mortais por violencia de xénero, así como a mulleres que resultasen gravemente feridas como consecuencia dunha agresión por violencia de xénero, no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento SI460A).