Indemnización económica para fillas e fillos menores de 30 anos de vítimas mortais por violencia de xénero e mulleres gravemente feridas

Esta resolución ten por obxecto proporcionar apoio económico cunha axuda directa para garantir que supoña un menor prexuízo económico para os fillos e fillas orfos, e para as propias vítimas gravemente feridas.

Persoas Beneficiarias

Os fillos e fillas das mulleres vítimas mortais da violencia de xénero que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ser menores de idade e convivir ca nai, independentemente da renda familiar,
  • Ser maiores de idade ata 30 anos inclusive, e depender economicamente da nai e /ou do pai agresor.

 As mulleres feridas gravemente , con lesións que requiran hospitalización, sempre que cumpran os seguintes requisitos:

  • Ser muller, maior de idade ou emancipada.
  • Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que os ingresos da unidade familiar de convivencia a que pertenza a beneficiaria divididos polo número de membros que a compoñen non superen o importe do IPREM vixente.
  • Resultar gravemente ferida, con lesións que requiran hospitalización por causa de violencia de xénero.

 

Documentación

- Resolución no DOG das axudas para fillos menores de 30 anos de vítimas mortais de violencia de xénero e mulleres gravemente feridas

Estado de tramitación: 
En prazo de resolución
Tema: