Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas

Esta resolución ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Convócanse ata un máximo de 90 prazas para mulleres con fillas e/ou fillos ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

As estadías serán de entre sete e dez días en réxime de pensión completa, preferentemente entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Os gastos de aloxamento, manutención, monitoras e transporte desde o seu concello de orixe serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e correrán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Beneficiarias

As mulleres que reúnan os seguintes requisitos:

  • Ter fillas e/ou fillos a cargo exclusivamente con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos.
  • Non convivir con parella afectiva.
  • Estar empadroada e ter residencia efectiva na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Que os ingresos brutos mesuais da solicitante non superen o límete do importe de 1,5 veces o IPREM.
  • Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Requisitos

Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan con idades comprendidas entre os dous e os doce anos, ambos inclusive.

Estado de tramitación: 
En prazo de resolución
Tema: