Estadías de tempo libre para mulleres soas con responsabilidades familiares non compartidas, convocatoria do ano 2013

Martes, 30 de abril de 2013.- Esta resolución ten por obxecto facilitarlles ás mulleres que teñan fillas e/ou fillos menores exclusivamente ao seu cargo un espazo e un tempo desligado da súa situación habitual e no cal poidan intercambiar experiencias a través da convivencia nun espazo de lecer.

Convócanse ata un máximo de 95 prazas para mulleres fillas/os menores e/ou menores en acollida, exclusivamente ao seu cargo, residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

As estadías Terán unha duración de entre sete e dez días, en réxime de pensión completa, e desenvolveranse preferentemenete entre finais do mes de xuño e principios do mes de setembro.

Os gastos de aloxamento, en réxime de pensión completa, traslado de ida e volta dende o seu concello de residencia, equipo de monitoras/es e actividades complementarias serán gratuítos para as persoas beneficiarias, e serán por conta da Secretaría Xeral da Igualdade.

Beneficiarias

As mulleres que reúnan os seguintes requisitos:

a) Ter fillas e/ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades comprendidas entre os 2 e 12 anos, ambos inclusive, na data de presentación da solicitude.

b) Non convivir en parella afectiva.

c) Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma de Galicia e no caso de mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia ou tarxeta de réxime comunitario, segundo o caso.

d) Dispoñer dunha renda mensual que, tendo en conta todos os ingresos do conxunto da unidade familiar, dividida polo número de membros que a compoñen, non supere o salario mínimo interprofesional (SMI), excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.

e) Non padecer ela, nin as fillas e/ou fillos que a acompañen, unha enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

Requisitos

Para asistir ao programa, as mulleres beneficiarias irán acompañadas das súas fillas/fillos menores, sempre que estas/es teñan con idades comprendidas entre os dous e os doce anos, ambos inclusive.

Estado de tramitación: 
Resolta