Bolsa de formación en planificación e prospectiva en materia de igualdade no ámbito da ciencia

Obxecto:
Esta orde ten por obxecto a convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, dunha bolsa de formación destinada a tituladas/os superiores universitarias/os, e proceder á súa convocatoria. A súa finalidade é contribuír á formación da/o bolseira/o en planificación e prospectiva en materia de igualdade de oportunidades no ámbito da ciencia, a través de accións e actividades de colaboración coa Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.


Dirixido a:
Poderán solicitar a concesión destas bolsas as persoas que, entre outros requisitos, sexan tituladas/os superiores universitarias/os que obtivesen a licenciatura con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2003.

Observacións:
Para a concesión desta bolsa destínase un importe total máximo de 11.250 euros.

A duración da bolsa comezará o día que se produza a incorporación da persoa beneficiaria, que será determinado pola Secretaría Xeral da Igualdade, e que rematará o 31 de decembro de 2009.

A dotación económica da bolsa será de 1.125 euros mensuais, que están suxeitos ás retencións que procedan e serán aboados por meses vencidos, ou a cantidade proporcional ao número de días de desfrute, os meses de inicio e finalización da bolsa.

As persoas que obteñan a bolsa terán dereito a un seguro de asistencia sanitaria e de accidentes.

Solicitudes e prazo de presentación:
As solicitudes, debidamente asinadas pola/o solicitante e segundo o modelo oficial que figura como anexo I dirixiranse á Secretaría Xeral da Igualdade da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e presentaranse na oficina de rexistro e información no complexo administrativo de San Caetano (edificio administrativo San Caetano, s/n, código postal 15781, en Santiago de Compostela); ou ben por calquera dos medios previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo para presentar solicitudes e demais documentación sinalada no punto anterior remata o vindeiro 18 de abril.

Máis información:

No caso de dúbida ou necesidade de máis información relativa a esta solicitude e á súa tramitación pode dirixirse á Secretaría Xeral da Igualdade a través de:
Teléfono: 981 957 783/981 547 397
Fax: 981 957 690
Correo electrónico: igualdade@xunta.es

Estado de tramitación: 
Resolta
Feitos vitais: