Axudas IRPF 2020 para a promoción da igualdade e prevención e loita contra a violencia de xénero

RESOLUCIÓN do 28 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2020 (código de procedemento SI452A).

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se publican os requirimentos de emenda de documentación das solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas, para o ano 2020 (código de procedemento SI452A).

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas para o ano 2020 (Diario Oficial de Galicia número 171, do 25 de agosto) (código de procedemento SI452A).

ORDE do 7 de decembro de 2020 pola que se fai pública a ampliación da dotación orzamentaria para a concesión das axudas establecidas na Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (programa Aprol-economía social) e se convocan para o ano 2020.

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de subvencións ao abeiro da Resolución do 28 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) para o ano 2020 (código de procedemento SI452A).