Axudas e subvencións para o apoio á execución de programas sobre igualdade no ámbito universitario e dos organismos públicos de investigación

Luns, 24 de xaneiro de 2011. O Diario Oficial de Galicia publica o 24 de xaneiro de 2011 a resolución do 18 de xaneiro de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas e subvencións para o apoio á execución de programas sobre igualdade no ámbito universitario e dos organismos públicos de investigación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2011.

Obxecto

As axudas teñen por obxecto a implementación de actuacións específicas de igualdade de oportunidades no SUG, promovendo a creación e o mantemento de centros, oficinas, cátedras e unidades de xénero ou a realización de cursos e actividades específicas neste eido e nos entes de dereito público da Comunidade Autónoma Galega que se dediquen á investigación, sempre que os ditos programas ou actuacións se leven a cabo coa colaboración de diferentes departamentos ou áreas universitarias ou organismos de investigación

Beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións, sen prexuízo de reunir os demais requisitos establecidos nestas bases, as universidades públicas do SUG e os organismos públicos de investigación, constituídos por entes de dereito público da comunidade autónoma.

Información ás entidades interesadas

Sobre este procedemento administrativo poderase obter documentación normalizada ou información adicional na Secretaría Xeral da Igualdade, a través dos seguintes medios:

  • O correo: igualdade@xunta.es
  • No teléfono 981 545 312 do Servizo de Planificación e Programación da Subdirección Xeral de Promoción da Igualdade da Secretaría Xeral da Igualdade.

Requisitos

  • Que a entidade comprobou que os datos que comprende a solicitude presentada cumpren os requisitos formais que establece a presente convocatoria e se axustan á normativa da entidade.
  • Que a persoa física responsable técnica do programa acepta a presentación da solicitude de subvención feita pola persoa xurídica.

No caso de que unha entidade presente varias solicitudes de subvención con diferentes responsables técnicos de distintos programas, o/a representante legal da entidade será a mesma persoa para todas as solicitudes.

Prazo de presentación:  25/01/2011 - 24/02/2011

 

Resolución: 10/06/2011 (ver ligazóns)

Estado de tramitación: 
Resolta