Axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade

Luns, 8 de agosto de 2011. O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Secretaría Xeral da Igualdade das axudas e subvencións concedidas este ano a entidades locais para a promoción da igualdade. En total, o departamento destina unha partida de 3.053.665 de euros, cofinanciada co 80% co FSE e  distribuída en catro liñas de actuación, orientadas á promoción da igualdade, prevención e tratamento da violencia de xénero, programas de fomento da conciliación e programas de apoio aos CIM.

A Secretaría Xeral da Igualdade, sensible á delicada situación económica dos concellos, realizará un primeiro pagamento anticipado do 80% do importe das axudas concedidas sen constitución de garantías, que se fará efectivo nos vindeiros días, co fin de que as entidades locais dispoñan dos recursos cando realmente os precisan, nunha conxuntura na que coinciden a complexa situación financeira e unha maior demanda de servizos da veciñanza.

Resolución: 08/08/2011 (ver ligazóns)

Estado de tramitación: 
Resolta
Colectivo: