Axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo

12 de Xuño de 2012. O Diario Oficial de Galicia publica a Resolución do 4 de xuño de 2012, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se regulan as bases para a concesión das axudas á conciliación da vida familiar e laboral como medida de fomento da corresponsabilidade para os traballadores que se acollan á redución da súa xornada de traballo e se procede á súa convocatoria para o ano 2012.

O obxecto da presente resolución é a convocatoria e regulación do réxime de concesión de axudas económicas a aqueles traballadores que entre o 1 de maio e o 31 de decembro de 2011 se acolleran a unha redución da súa xornada de traballo para o coidado do seu fillo/a e de acordo co establecido no artigo 5 da presente resolución.

O outorgamento das axudas ás que se refire esta convocatoria realizarase a través da modalidade de pagamento único e de forma continuada ata esgotar o crédito orzamentario consignado para estes efectos, segundo a orde de recepción de solicitudes e baixo os principios de publicidade, transparencia, obxectividade, igualdade e non discriminación.

Estado de tramitación: 
Resolta
Beneficiarios: 
Traballadores
Feitos vitais: 
Colectivo: