Actualidade

Ex., 23-03-2023
Ex., 23-03-2023
  • A nova Lei de Igualdade da Xunta fará de Galicia un referente na loita polos dereitos da muller
08/03/2023
A nova Lei de Igualdade da Xunta fará de Galicia un referente na loita polos dereitos da muller

O presidente do Goberno galego rendeu homenaxe ás nove mulleres que participaron no acto central polo 8M e tamén “ás viúvas de vivos, ás viúvas de mortos, ás pioneiras, ás referentes e a centos de miles de mulleres que construíron Galicia”´

A nova normativa, que se remitirá ao Parlamento de Galicia nas vindeiras semanas, identifica a discriminación múltiple, impulsa a conciliación e o teletraballo, persegue erradicar o teito de cristal e reforza a protección contra os ataques sexistas nas novas tecnoloxías

Galicia foi pioneira na protección dos dereitos da muller e conta xa cunha lei propia de igualdade dende hai case 20 anos

O Goberno galego incrementou un 42 % a contía destinada a área de Igualdade ata acadar os 44,5 M€

  • Lorenzana reivindica que Galicia está a actuar “en tempo e prazo” coa apertura dos centros de crise 24x7 para atender a vítimas da violencia sexual
08/03/2023
Lorenzana reivindica que Galicia está a actuar “en tempo e prazo” coa apertura dos centros de crise 24x7 para atender a vítimas da violencia sexual

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, interveu ante o pleno do Parlamento de Galicia para valorar os efectos da ‘Lei do si é si’

Dixo que a protección ás vítimas non pode xerar debates nin desencontros no seo dun Goberno de Estado”

Avanzou que Galicia está a ser pioneira entre as comunidades pola posta en marcha de 4 primeiros centros de crise contra a violencia sexual nas áreas sanitarias de Ferrol, Lugo, Santiago de Compostela e Vigo

  • O programa autonómico de impulso ao emprendemento feminino, Emega, permitiu nos últimos trece anos apoiar 1.480 proxectos e a creación de 2.084 empregos
07/03/2023
O programa autonómico de impulso ao emprendemento feminino, Emega, permitiu nos últimos trece anos apoiar 1.480 proxectos e a creación de 2.084 empregos

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe en Santiago de Compostela a iniciativa Creativas Galegas, un colectivo formado por mulleres artesás e do eido cultural beneficiarias das axudas da Xunta

Emega contará en 2023 cun investimento próximo aos catro millóns de euros coa previsión de conceder unhas 300 axudas

Puxo en valor que esta iniciativa está a incrementar e consolidar a presenza feminina no tecido empresarial galego, o que supón unha maior prosperidade para Galicia

  • A Xunta inviste preto de 20.000 € en axudas para implantar a igualdade laboral e a conciliación en negocios de Ferrolterra
07/03/2023
A Xunta inviste preto de 20.000 € en axudas para implantar a igualdade laboral e a conciliación en negocios de Ferrolterra

Un total de cinco empresas da comarca resultaron adxudicatarias no 2022 destas achegas da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade destinadas a micropemes, pemes e persoas traballadoras con persoal contratado

O Goberno galego ten aberta a convocatoria deste ano que conta cun investimento de 1,4 M€ e pretende chegar a beneficiar a 250 empresas