O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Valeriano Martínez e a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, asinaron hoxe un acordo para promover a formación en atención ás vítimas da violencia de xénero a través da Escola Galega de Administración Pública (EGAP)
Trátase de outorgar aos profesionais de atención psicosocial, sanitaria, educativa e de recursos humanos coñecementos para abordar a inserción das mulleres vítimas desta lacra
As conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Emprego e Igualdade asinan o convenio de colaboración que permite a convocatoria das axudas para facilitar a estas persoas un alugueiro e axudalas a continuar coa súa vida
Vázquez sinala que a pesar de que as bases establecen importes máximos de axuda, o Goberno galego decidiu asumir o 100% do custe do alugueiro, pois as circunstancias sociais derivadas da pandemia así o esixen
Lorenzana destaca que a medida permite a moitas mulleres e familias dar o primeiro paso cara un futuro novo e libre e lembra outras medidas económicas coas que a Xunta acompaña ás mulleres vítimas de violencia de xénero
A Secretaria Xeral da Igualdade, Susana López Abella, e a delegada territorial da Xunta, Marta Fernández-Tapias, mantiveron hoxe un encontro telemático coas representantes dos dez Centros de Información á Muller da área territorial de Vigo
Fernández -Tapias sinala que para reforzar a funcionalidade destes centros e consolidar os postos e o perfil profesional das persoas que prestan servizos neles, a Xunta destinou a este programa na comarca viguesa 399.000 euros o pasado ano
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de apoios para financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención e loita contra a violencia de xénero no eido escolar promovidas polas Asociacións de Nais e Pais galegas (Anpas)
Poderán financiar actuacións de difusión dirixidas ao alumnado de centros educativos non universitarias, ás familias, ás Anpas e á comunidade educativa
Esta iniciativa inscríbese no Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero