A Xunta ve clave potenciar o papel da muller no aproveitamento económico do rural

O vicepresidente da Xunta clausurou as Xornadas “Emprendemento e fomento do liderado das mulleres nos órganos de decisión das cooperativas alimentarias”

  • A Xunta ve clave potenciar o papel da muller no aproveitamento económico do rural
  • A Xunta ve clave potenciar o papel da muller no aproveitamento económico do rural
  • A Xunta ve clave potenciar o papel da muller no aproveitamento económico do rural
  • A Xunta ve clave potenciar o papel da muller no aproveitamento económico do rural
  • A Xunta ve clave potenciar o papel da muller no aproveitamento económico do rural

CAMBADOS (Pontevedra), 10 de setembro de 2013.- O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe o potencial do medio rural coma un dos grandes activos para afrontar unha nova etapa de crecemento económico e sinalou coma unha cuestión clave nese ámbito a potenciación do papel da muller.

Alfonso Rueda clausurou hoxe as Xornadas “Emprendemento e fomento do liderado das mulleres nos órganos de decisión das cooperativas agroalimentarias en Galicia”, organizadas pola Asociación Galega de Cooperativas Agroalimentarias, a Asociación de Mulleres de Cooperativas Agroalimentarias de España e a Cooperativa de Viticultores Martín Códax.

Na clausura da xornada, Rueda incidiu no compromiso do Goberno galego co desenvolvemento das mulleres rurais coma algo firme e constante. Así, o VI Plan Galego de Igualdade, aprobado no mes de febreiro, aposta especialmente por ligar o desenvolvemento e a innovación na economía rural ao papel que as mulleres teñan nese proceso.

Así mesmo, unha liña de actuación prioritaria do Goberno galego pasar por sacarlle partido ao noso rural, entendelo como unha riqueza potencial e aproveitar tamén o seu capital humano, polo que a potenciación do papel da muller é unha cuestión clave, xa que a experiencia e os coñecementos do mundo rural están nunha grande porcentaxe en mans de mulleres, polo que nas mans delas está a innovación, o desenvolvemento e o futuro deste sector.

Na mesma liña, o titular da vicepresidencia insistiu que non se pode desaproveitar o potencial das mulleres, polo que é necesario fomentar a igualdade, introducir medidas de conciliación e potenciar o acceso das mulleres aos órganos de decisión das cooperativas. As xornadas foron inauguradas pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, polo presidente de AGACA, José Montes Pérez; polo director-xerente de AGACA, Higinio Mougan; e polo vicepresidente de Viticultores Martin Codax , Ramón Barral.