A Xunta subvencionou 10 proxectos liderados por mulleres na provincia de Ourense ao abeiro do programa Emega

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá a empresa ourensá Aló Decoración, que contou cunha axuda do Programa Emega

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá a empresa ourensá Aló Decoración, que contou cunha axuda do Programa Emega
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou esta mañá a empresa ourensá Aló Decoración, que contou cunha axuda do Programa Emega

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2018.-A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, indicou hoxe que grazas ao Programa Emega foron subvencionados na provincia de Ourense 10 proxectos liderados por mulleres, que contaron con axudas por importe de 146.000 euros.

Susana López Abella visitou esta mañá a empresa Aló Decoración en Ourense, acompañada da delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira e do alcalde da cidade, Jesús Vázquez. Precisamente a empresa presentou un dos proxectos que contou cunha axuda do Programa Emega. Concretamente recibiu unha subvención de 14.000 euros da liña Emprende para un proxecto de decoración, elaboración e venda de mobles artesanais.

A secretaria xeral da Igualdade reiterou que unha das liñas básicas de actuación da Xunta no marco da igualdade de oportunidades é o apoio ao empoderamento económico e social das mulleres fomentando o emprendemento feminino. De aí na convocatoria do Programa Emega deste ano foran subvencionados 72 proxectos con axudas que superaron os 856.000 euros, creando 121 postos de traballo femininos.

Para favorecer o emprego e o emprendemento feminino, a Xunta puxo en marcha fai anos, o programa Emega, como medida integral de promoción da igualdade no eido laboral, que persegue apoiar o desenvolvemento da actividade empresarial e accións favorecedoras da conciliación laboral e familiar, esenciais para o éxito da iniciativa emprendedora feminina. Deste xeito, búscase que mulleres emprendedoras poidan materializar as súas ideas empresariais, contribuíndo tamén á creación de novos postos de traballo.

Tema: