A Xunta salienta a capacidade emprendedora das palilleiras e a súa contribución á economía galega

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe no VIII Encontro de Palilleiras no Porto de Burela

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe ao VIII Encontro de Palilleiras en Burela
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe ao VIII Encontro de Palilleiras en Burela

Santiago, 10 de maio de 2014.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe ao VIII Encontro de Palilleiras en Burela onde salientou a capacidade emprendedora destas mulleres e a súa contribución á economía galega.

López Abella participou na inauguración do encontro que organizan a Fundación Expomar e a asociación cultural e artesanal de mulleres palilleiras ‘As Encaixeiras de Burela’, no que participaron máis de 500 palilleiras, onde salientou a relevancia social e económica da arte de palillar na nosa comunidade e fixo fincapé na contribución deste traballo feminino ás economías familiares desde final do século XIX.

A secretaria xeral da Igualdade recoñeceu que a confección do encaixe é un traballo laborioso e vocacional, que esixe de moita paciencia, coordinación e destreza manual e incidiu que as palilleiras son parte da cultura de Galicia e un dos mellores escaparates do sector artesanal de Galicia, emprazando ás palilleiras a manter e transmitir ás futuras xeracións este labor artesán que forma parte do patrimonio de Galicia e que se debe seguir conservando no tempo, como se fixo ata o de agora.