A Xunta reúnese coa Rede Galega contra a Trata para informarlle do proxecto europeo “Draw the line”

O proxecto, financiado pola Comisión Europea no marco do Programa Daphne III, está dirixido a mulleres inmigrantes para previr a violencia sexual e o acoso

Está sendo executado por organizacións asociadas en 6 países europeos, Austria, Bulgaria, España, Polonia, Reino Unido e Grecia co obxectivo de apoiar ás mulleres inmigrantes para superar os prexuízos baseados no xénero

Multimedia

A Secretaría Xeral da Igualdade reuniuse coa Rede Galega contra a Trata para informarlle do Proxecto Europeo “Draw the line”

Santiago, 15 de outubro de 2016.- A Secretaría Xeral da Igualdade reuniuse coa Rede Galega contra a Trata para informarlle do Proxecto Europeo “Draw the line” dirixido a mulleres inmigrantes para previr a violencia sexual e o acoso.

O proxecto “DRAW THE LINE“ : Formación e empoderamento de mulleres inmigrantes para previr a violencia sexual e o acoso é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco do Programa Daphne III, que apoia dende 1997 proxectos dirixidos a combater e previr a violencia contra as mulleres, nenos, nenas e mocidade.

Con este proxecto pretendese marcar un cambio a través do empoderamento de mulleres inmigrantes que fixeron de Europa o seu novo fogar. Este obxectivo acadarase a través de accións de información e formación que permitan a esas mulleres ter a mesma responsabilidade sobre a súa vida que calquera outra muller europea na salvagarda do seu honor e a súa liberdade.

O proxecto está sendo executado por organizacións asociadas en seis países europeos (Austria, Bulgaria, España, Polonia, Reino Unido e Grecia), e o seu obxectivo é apoiar ás mulleres inmigrantes para superar os prexuízos baseados no xénero. Inclúe accións de sensibilización, capacitación e formación dentro das diversas comunidades de inmigrantes, e ofrece a oportunidade ás mulleres inmigrantes de ser máis fortes e de aprender métodos que lles axuden a previr a violencia e o acoso sexual. Tamén o é apoiar a estas mulleres para que se erixan nas súas propias defensoras e formalas para que se convertan en líderes na súa comunidade, de xeito que creemos un programa sostible que faga fronte ás necesidades das mulleres inmigrantes que viven nun contexto europeo.

Proxecto Draw the Line

O obxectivo do Proxecto Draw the Line( Traza a liña), vai ser formar a mulleres inmigrantes que viven en Galicia, para que colaborar en entender e combater a violencia de xénero, traballando con elas para que se convertan en líderes da súa comunidade e nesa comunidade exerzan como axentes multiplicadores ante outras mulleres inmigrantes que poden non ser conscientes das consecuencias do acoso sexual e a violencia.

As accións a levar a cabo son empoderar a varias mulleres inmigrantes(Peer lideres) para abordar o problema da violencia e comprender o seu propio papel na prevención desa violencia, para que se convertan en líderes formadoras nas súas comunidades. Desenvolver obradoiros con outras mulleres inmigrantes configurando grupos con mulleres inmigrantes, baseándonos na súa etnia, idioma e diferenzas culturais, para que a actuación das mulleres líderes poida lograr unha mellor aproximación ao problema, dun xeito máis próximo, e establecendo unha relación de maior confianza. Preparar un plan de estudos para a formación de persoal técnico e persoal responsables de servizos sociais, que axuden ás líderes a tomar medidas activas contra la aparición da casos de acoso sexual e violencia nas súas comunidades.

Ademais de facilitar a ás mulleres inmigrantes a posibilidade de formar grupos de autoaxuda, como poden ser a organización de axuda mutua en caso de ameaza de violencia e traballar coas todas as institucións locais e autonómicas para a prevención da violencia, contando coas casas de acollida, a policía, etc para lograr unha comprensión más ampla do problema, así como promover accións en contra da violencia de xénero.
 

Tema: