Santiago de Compostela, 9 de abril de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo esta mañá unha xuntanza de traballo coa presidenta da Confederación Nacional de Mulleres en Igualdade, Carmen Fúnez. Esta organización conta con máis de 40.000 asociadas en toda España e forma parte do Observatorio Estatal da Violencia contra a Muller e do Estatus Consultivo no Consello Económico e Social de Nacións Unidas.
Durante o encontro, avaliaron a posibilidade de establecer liñas de colaboración no futuro. Ademais, a secretaria xeral expuxo as liñas de traballo que está a promover a Xunta para impulsar a igualdade real entre homes e mulleres, así como para loitar contra a violencia de xénero.