A Xunta reitera o seu compromiso na loita contra a trata con fins de explotación sexual

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na clausura da VI Xornada autonómica contra a trata con fins de explotación sexual que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo

Susana López Abella agradeceu o compromiso e traballo das entidades que conforman a Rede Galega contra a Trata

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou na clausura da VI Xornada autonómica contra a trata con fins de explotación sexual que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella reiterou hoxe o compromiso do Goberno galego na loita contra a trata con fins de explotación sexual, como así o reflicte o VII Plan Estratéxico de Galicia para a Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes 2017-2020.

López Abella participou na clausura da VI Xornada autonómica contra a trata con fins de explotación sexual, que este ano leva por título, Violencias Invisibles: Trata con fins de explotación sexual e que tivo lugar no Centro Galego de Arte Contemporáneo, organizado pola Rede Galega contra a Trata.

A titular de Igualdade indicou que dende o goberno galego considerase necesario sensibilizar a potenciais demandantes destes servizos acerca da realidade que pode subxacer baixo unha oferta de comercio sexual, evitando que sexa considerada unha opción máis de lecer e diversión.

O compromiso da Administración autonómica na loita contra a trata de mulleres e nenas con fins de explotación sexual é firme, polo que tamén proseguirá o seu labor mediante o reforzamento dos mecanismos de información ás vítimas, da colaboración e coordinación institucional, e coa continuidade no apoio ás entidades e organizacións non gobernamentais que traballan neste ámbito da atención e protección ás vítimas e, nomeadamente á Rede Galega contra a Trata.

Susana López Abella agradeceu o compromiso e traballo das entidades que conforman a Rede Galega contra a Trata, que son a Fundación Amaranta, Asociación Faraxa, Aliad-Ultreia , Médicos do Mundo, Ecos do Sur, Cáritas Diocesana Lugo, Cáritas Diocesana Ourense, Accem, Oblatas-Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, Oblatas Ferrol, que grazas á gran labor desenvolvida, a Rede Galega contra a Trata recibiu o recoñecemento a Medalla Castelao.

Entre as actuacións que realizan estas ONG están as de asesoramento, apoio e información respecto aos recursos sociais e xurídicos; acompañamento para a realización de trámites administrativos e burocráticos; actividades de formación e integración; ou sensibilización social sobre a situación das vítimas de explotación sexual; entre outras.

Tema: