A Xunta reitera o seu apoio ás mulleres vítimas de violencia de xénero

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Curtis na presentación do libro Gotas de rocío. Copos de nieve, da escritora Finy Sesmonde

Curtis (A Coruña), 15 de xuño de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Curtis na presentación do libro Gotas de rocío. Copos de nieve, da escritora Finy Sesmonde.

López Abella puxo en valor que parte dos beneficios da novela se vaian destinar á Asociación de Loita contra os Malos Tratos e que no libro se dea voz ás mulleres, incluíndo mesmo o tema da violencia de xénero. Ao respecto, a secretaria xeral reiterou o apoio total da Xunta a estas mulleres e recordou que, actualmente, existen distintos recursos e servizos a disposición destas mulleres para axudalas a saír desta situación.