A Xunta reitera a importancia de seguir traballando na concienciación e na sensibilización social entre todas as administracións na loita contra as agresións sexuais

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración do XIV curso de verán ‘Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Xénero, Violencias, Coeducación, Comunicación’

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración do XIV curso de verán ‘Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Xénero, Violencias, Coeducación, Comunicación’
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración do XIV curso de verán ‘Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Xénero, Violencias, Coeducación, Comunicación’

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella indicou hoxe a importancia de seguir traballando na concienciación e na sensibilización social entre todas as Administracións na loita contra as agresións sexuais

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou esta mañá na inauguración do XIV curso de verán ‘Novas fronteiras na igualdade de oportunidades 2.0: Xénero, Violencias, Coeducación, Comunicación´, onde centrou a súa intervención sobre unha das formas de violencia de xénero exercida sobre as mulleres, as agresións sexuais.

López Abella indicou que a Lei 11/2007 galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, tipifica como violencia de xénero á violencia sexual e os abusos sexuais, incluíndo calquera acto de natureza sexual forzada polo agresor ou non consentida pola muller, que abarcan a imposición, mediante a forza ou intimidación, de relacións sexuais non consentidas, e o abuso sexual, con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella, afectiva ou de parentesco coa vítima.

Ademais tamén tipifica como violencia de xénero o acoso sexual, que inclúe aquelas condutas consistentes na solicitude de favores de natureza sexual, para si ou para unha terceira persoa, nas que o suxeito activo se prevale dunha situación de superioridade laboral, docente ou análoga, co anuncio expreso ou tácito á muller de causarlle un mal relacionado coas expectativas que a vítima teña no ámbito da devandita relación, ou baixo a promesa dunha recompensa ou dun premio no ámbito desta.

O Goberno galego, o pasado ano puxo en marcha campañas concretas para a concienciación e sensibilización social contra as agresións sexuais, como as Xornadas de prevención e sensibilización da violencia sexual na mocidade nos sete campus galegos, co obxectivo de previr futuros casos de violencia sexual a través da formación en Igualdade dos mozos e mozas galego/as; o programa pioneiro de intervención con mulleres vítimas de abuso e violencia sexual en colaboración coa Fundación Meniños e o programa Dedaleira de detección e identificación de situacións contra a liberdade e indemnidade sexual en mulleres con discapacidade, en colaboración con Cogami.

A titular de Igualdade rematou a súa intervención indicando que o pasado mes, Galicia converteuse na primeira comunidade autónoma en levar a cabo unha campaña de prevención e actuación ante o acoso sexual nos lugares de traballo dirixida aos colexios profesionais, mediante a sinatura dun convenio de colaboración coa Asociación Galega de Auditores Socio-Laborais) e Unión Profesional de Galicia.

Tema: