A Xunta reitera a importancia de seguir fomentando a presenza das mulleres en postos de responsabilidade nos distintos eidos laborais

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta mañá, xunto á presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, Susana Pérez na inauguración do III Congreso de Empresarias de Galicia “Acción e Implicación”

  • A Xunta reitera a importancia de seguir fomentando a presenza das mulleres en postos de responsabilidade nos distintos eidos laborais
  • A Xunta reitera a importancia de seguir fomentando a presenza das mulleres en postos de responsabilidade nos distintos eidos laborais
  • A Xunta reitera a importancia de seguir fomentando a presenza das mulleres en postos de responsabilidade nos distintos eidos laborais
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2018 .- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella reiterou hoxe a importancia e necesidade de seguir fomentando a presenza das mulleres en postos de responsabilidade nos distintos eidos laborais.
 
Susana López Abella participou esta mañá, xunto á presidenta da Asociación de Empresarias de Galicia, Susana Pérez na inauguración do III Congreso de Empresarias de Galicia “Acción e Implicación”, ás que deu a noraboa polo continuo traballo de promoción e visiblización da muller empresaria e emprendedora.
 
Segundo explicou López Abella, un dos obxectivos estratéxicos que se marca o Goberno galego é o de fomentar a participación das mulleres en condicións de igualdade en todas as esferas da sociedade e incrementar a súa presenza nos ámbitos de decisión e influencia das estruturas sociais, políticas, económica e profesionais, á vez que se potencia o seu liderado.
 
Desde a Xunta considerase fundamental desenvolver iniciativas orientadas a poñer de relevo a importancia do liderado e o empoderamento das mulleres, xa que a incorporación das mulleres ao mercado laboral, a permanencia no emprego e as súas condicións de traballo aínda están lonxe de producirse en condicións de igualdade.
 
A este escenario contribúe a persistencia dos estereotipos de xénero, por iso hai que seguir traballando en favor dun cambio cultural e de valores que modifique as actitudes, os roles e os estereotipos que sustentan a desigualdade de xénero, sen esquecer que esta importante tarefa comeza desde as idades máis temperás, para que as futuras xeracións de galegas e galegos constrúan unha sociedade verdadeiramente igualitaria, rematou a titular de Igualdade.
 
O III Congreso Empresarias Galicia conta co apoio por terceiro ano consecutivo da Xunta. no que ademais aporta un espazo informativo dos proxectos, plans, accións, actuacións e medidas de fomento do emprendemento feminino, da aposta pola conciliación e a corresponsabilidade, contra o acoso sexual no ámbito laboral e na loita contra a violencia de xénero.
Tema: