A Xunta reforza a prevención da violencia de xénero entre a mocidade do rural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, visitou este luns o IES Val do Asma para charlar co alumnado sobre as novas temáticas de xénero

A actuación inscríbese no Programa Rexenérate, impulsada por la Asociación Alar, que chegará a máis de 1000 alumnos galegos
 

Multimedia

A secretaria xeral da Igualdade ofrece a charla 'Achegándose á igualdade de Xénero'

Chantada (Lugo), 11 de marzo de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, defendeu este luns a importancia de fomentar a igualdade e previr a violencia de xénero entre a mocidade das zonas rurais de Galicia. Así o destacou durante a súa charla co alumnado do IES Val do Asma, en Chantada, enmarcado na serie de conversacións grupais e obradoiros que se desenvolverán con estudantes de ESO, BAC e FP dos centros IES das provincias de Lugo e Coruña.

En colaboración coa asociación Alar Galicia, e dende este xaneiro, estímase que máis de mil alumnos/as recibirán as actividades do Programa Rexenérate, que contempla tamén o asesoramento online e a elaboración de una enquisa de necesidades entre a poboación estudante. Estas actividades son completamente gratuítas para os centros, e se desenvolverán a través das temáticas de linguaxe inclusiva, novas masculinidades, estereotipos de xénero e o control a través das redes sociais nas relación de parella.

O alumnado identificou os estereotipos de xénero e xunto coa secretaria de Igualdade analizaron a lexislación actual sobre a materia e o seu percorrido histórico. Tamén trataron situacións de discriminación por motivos de xénero e as súas manifestacións en diferentes ámbitos. Remataron falando do fomento do empoderamento de cara á igualdade de oportunidades.

O Programa Rexenérate desenvolverase máis en particular nas Comarcas de Monforte, Sarria, Chantada, A Fonsagrada, Meira, Terra Chá e de Arzúa.

Tema: