A Xunta reforza o seu compromiso coas mulleres rurais de Ourense que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa directiva da Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro)

Abordaron as liñas de colaboración para este ano entre as que se atopan o convenio para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás vítimas

A Xunta apoiou a Femuro con máis de 360.000 euros entre 2009 e 2021

  •  A Xunta reforza o seu compromiso coas mulleres rurais de Ourense que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero
  •  A Xunta reforza o seu compromiso coas mulleres rurais de Ourense que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero
  •  A Xunta reforza o seu compromiso coas mulleres rurais de Ourense que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2022.-

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe en Santiago de Compostela unha xuntanza coa directiva da Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro) na que reforzou o compromiso da Xunta con esta entidade e todas as mulleres rurais que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero.

López Abella incidiu na forte implantación de Femuro na provincia de Ourense, con máis de 60 entidades de mulleres rurais asociadas, e a súa “experiencia e traballo no ámbito da conciliación, corresponsabilidade e na prevención e sensibilización contra a violencia machista”. Esta labor, que lle imprime unha base social ampla e variada e se traduce en miles de mulleres beneficiarias das súas actividades, fíxoa merecedora dunha das medallas Pardo Bazán na súa edición do ano 2020.

No encontro de hoxe abordáronse as liñas de colaboración da Xunta con Femuro para este ano, entre as que se atopan o convenio para o desenvolvemento de accións de sensibilización fronte á violencia de xénero e apoio ás vítimas que o pasado ano se firmou por valor de máis de 19.000 euros. Tamén se trataron as actividades que se levarán a cabo no Foro pola Igualdade que organiza Femuro e que cumpre este ano 18 edicións.  

A Administración autonómica tamén colabora con Femuro a través do programa de axudas a entidades de iniciativa social para a atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade. A resolución da convocatoria para este ano publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG) nos próximos días. En global, a Xunta apoia a Femuro desde 2009 con máis de 360.000 euros por medio de accións diferenciadas.  

A secretaria xeral aproveitou a reunión para sinalar que as mulleres do rural galegas son exemplo de superación e constitúen un dos piares que sosteñen a identidade galega e apuntou que entre as actuacións que ten en marcha a Xunta para dar visibilidade e dignificar o papel feminino no medio rural destacan o programa de Emega, que en 2021 impulsou os proxectos de 234 mulleres emprendedoras, moitas delas radicadas no rural.