A Xunta recibe do Estado máis de 144.00 euros para programas de apoio a vítimas de agresións e abusos sexuais

Hoxe celebrouse en Madrid a Conferencia Sectorial de Igualdade no que se levou a cabo o reparto de fondos estatais para este ano

Dos 144.329 euros que recibe Galicia, 34.578 euros son para asistencia integral a menores e 109.842 euros para mulleres vítimas de abusos ou agresións sexuais

  • Hoxe celebrouse en Madrid a Conferencia Sectorial de Igualdade no que se levou a cabo o reparto de fondos estatais para este ano
  • Hoxe celebrouse en Madrid a Conferencia Sectorial de Igualdade no que se levou a cabo o reparto de fondos estatais para este ano
  • Hoxe celebrouse en Madrid a Conferencia Sectorial de Igualdade no que se levou a cabo o reparto de fondos estatais para este ano

Madrid, 19 de outubro de 2017.- A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella participou hoxe na conferencia sectorial de Igualdade, onde foron acordadas a distribución das axudas para as comunidades autónomas polas que Galicia percibirá do Estado, un total de 144.329 para a atención ás vítimas de agresións sexuais.

A reunión tivo lugar no Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, e estivo presidida polo secretario de Estado, Mario Garcés, que lle avanzou ademais que o vindeiro 8 de novembro, todas as comunidades autónomas volverán a ser convocadas no marco do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Susana López Abella indicou que no seo da reunión acordáronse os criterios de reparto e a distribución para as CC.AA das axudas para o desenvolvemento dos programas e a prestación de servizos que garantan o dereito á asistencia social integral ás vítimas de agresións ou abusos sexuais violencia de xénero e a atención aos menores.

Dos 144.329 euros que recibe Galicia, 34.578 euros son para asistencia integral a menores -que se suman á contía xa recibida na conferencia sectorial de xuño- e 109.842 euros para mulleres vítimas de abusos ou agresións sexuais.

As axudas segundo a Lei 1/2004 do 28 de decembro de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero, o dereito á asistencia social integral,que inclúe o dereito a
servizos sociais de atención, de emerxencia, de apoio e acollida e de recuperación integral, irán destinadas especificamente á información á vítimas, á atención psicolóxica; apoio social; Seguimento das reclamacións dos dereitos da muller; apoio educativo á unidade familiar; formación preventiva nos valores de igualdade dirixida ao seu desenvolvemento persoal e á adquisición de habilidades na resolución non violenta de conflitos; e apoio á formación e inserción laboral.

Tema: