A Xunta recalca que a eliminación da violencia de xénero é unha tarefa conxunta que esixe actuacións unitarias e coordinación plena

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou este luns na presentación da asociación “Tres de xullo: todas as persoas somos vítimas”

O Goberno Galego considera que a violencia machista constitúe un dos máis crueis expoñentes da falta de igualdade da nosa sociedade

  • A Xunta recalca que a eliminación da violencia de xénero é unha tarefa conxunta que esixe actuacións unitarias e coordinación plena
  •  La Xunta recalca que la eliminación de la violencia de género es una tarea conjunta que exige actuaciones unitarias y coordinación plena
  • A Xunta recalca que a eliminación da violencia de xénero é unha tarefa conxunta que esixe actuacións unitarias e coordinación plena

Arbo (Pontevedra), 25 de marzo de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu este luns o acto de presentación da asociación “Tres de xullo: todas as persoas somos vítimas”, onde destacou que a violencia de xénero é un delito a perseguir, unha loita na que todos e todas debemos combater. López Abella resaltou que a violencia machista constitúe o máis cruel expoñente da falta de igualdade da nosa sociedade e expuxo que os avances en esta materia so se acadarán co compromiso e implicación de todos os sectores políticos e sociais.

López Abella relatou como, o 3 de xullo do 2015, Arbo foi testemuña de cómo a violencia de xénero pode destruír a un pobo e definiu como “lacra que nos avergoña” este tipo de crimes. Por iso, indicou a titular de Igualdade, sobre os maltratadores e os asasinos, ten que caer todo o peso da lei, a xustiza e o rexeitamento social.

Os obxectivos que se marca a asociación é o de promover e realizar actividades encamiñadas a axudar ás vítimas de agresións sexuais, violencia sexista, ou calquera outra forma de violencia de xénero, co fin de facilitarlles información, asesoramento, apoio e asistencia, con independencia da idade e/ou a procedencia. Ademais, farán actividades para a sensibilización, concienciación, investigación, estudo e prevención da violencia sexual.

A secretaria xeral da Igualdade quixo lembrar que o venres pasado publicouse no DOG a orde de das axudas destinadas a fomentar o asociacionismo e engadiuse unha nova tipoloxía de actuación para reforzar, coordinar e intensificar a promoción da igualdade entre mulleres e homes. Dende o Goberno galego considerase fundamental potenciar as actividades de atención e asistencia de vítimas de violencia sexual e malos tratos.

López Abella rematou incidindo cunha mensaxe clara sobre a loita contra a violencia de xénero, clasificándoa como asunto de Estado. A prevención, para a secretaria, é un obxectivo prioritario e irrenunciable para poñer fin á violencia exercida contra as mulleres.

Tema: