A Xunta promoverá estudos e investigacións arredor da violencia de xénero

O goberno galego pon en marcha iniciativas para avanzar no coñecemento, prevención e erradicación da violencia de xénero. Dende a Secretaría Xeral de Igualdade apoiarase, cunha partida de 360.000 euros, a realización e difusión de estudos, investigacións e xornadas sobre materias relacionadas coa violencia de xénero.

A Secretaría Xeral da Igualdade levará ao Consello da Xunta de Galicia hoxe un acordo polo que se convocan axudas dirixidas a promover estudos, investigacións e xornadas ou congresos en materias relacionadas principalmente coa violencia de xénero.

Nese senso, a convocatoria de axudas ten o obxectivo prioritario de potenciar liñas de estudo, análise e investigación relacionadas coas mulleres nas áreas da violencia de xénero, e de xeito secundario noutras áreas de interese para o avance na igualdade entre mulleres e homes..

Tratarase de analizar, dende unha perspectiva integral diversas temáticas, que fomentando a igualdade entre mulleres e homes, poidan colaborar a crear un contexto propicio para a erradicación da violencia de xénero e o apoio ás vítimas de violencia.

Co fin último de previr e abordar este grave problema social, o goberno galego pretende implicar a diversos actores sociais na loita contra a violencia de xénero, a partir da investigación das medidas preventivas e de solucións, ademais de campañas informativas, formativas e de sensibilización.

A participación de axentes sociais e profesionais contribuirá á sensibilización e difusión das actividades que se van desenrolar, a vez que proporcionará recursos para mellorar as estratexias de loita contra a violencia de xénero.

Temática

A área prioritaria para centrar estas investigacións, estudos ou xornadas será a violencia de xénero. Dentro dela, búscase estudar a transmisión de actitudes violentas a través de estereotipos e valores; as formas, causas e consecuencias da violencia contra as mulleres en Galicia; o mobbing ou acoso sexual no traballo; as repercusións nos menores; a situación social e laboral das mulleres afectadas; o tratamento do tema nos medios de comunicación ou a perspectiva masculina do problema, entre outros.

Violencia de xénero

Dende a Secretaría Xeral da Igualdade, Marta González afirmou que o goberno galego seguirá traballando de xeito prioritario na implementación políticas a prol da igualdade, e especialmente con iniciativas coma esta quere amosar o seu máximo compromiso coa  loita contra a violencia de xénero.

Colectivo: