- Galego
- Castellano
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella participou esta tarde en Sanxenco nunha charla sobre a prevención da violencia nas comunidades de veciños
Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2017.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella destacou hoxe a importancia da prevención e a detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades veciñais.
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nunha charla sobre a prevención da violencia no ámbito veciñal, que tivo lugar en Sanxenxo, e onde indicou que as comunidades de veciños son, moitas veces, a fonte máis próxima de axuda, máis aínda se falamos da violencia de xénero.
Nesta liña, lembrou que no mes de febreiro a Vicepresidencia da Xunta asinou un acordo co colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia (COAFGA) e coa Asociación Española de Auditores Socio-Laborales (CEAL), para o apoio na prevención e detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades de propietarios e propietarias nas que estean presentes os administradores e administradoras de fincas colexiados/as por mor do seu exercicio profesional, así como na distribución e difusión do material informativo e de sensibilización a prol da eliminación da violencia contra as mulleres.
Grazas a este convenio, apoiase a prevención e detección de situacións de violencia de xénero nas comunidades de propietarios e propietarias nas que estean presentes os administradores de fincas, polo que o Goberno galego encargase de distribuír material informativo e de sensibilización a prol da eliminación da violencia contra as mulleres, un delito que en numerosas ocasións ocorre na intimidade dos fogares, polo que é preciso da colaboración de todos os axentes, entidades e persoas.