A Xunta presenta o programa 'Emega' a mulleres emprendedoras

O programa contará cun orzamento de 669.740 euros e o prazo de presentación das solicitudes rematará o vindeiro 22 de xullo

Dende o 2009, a Secretaría Xeral de Igualdade leva creados máis de 400 postos de traballo feminino

  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentando o proxecto 'Emega 2013'
  • A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, presentando o proxecto 'Emega 2013'

Santiago, 15 de xullo de 2013. A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, vén de presentar o proxecto 'Emega 2013' ás mulleres emprendedoras que participan nos programas Woman Emprende e Uniemprende da Universidade de Santiago de Compostela.

López Abella apuntou que o programa 'Emega' tenta potenciar a emprendemento feminino para que as mulleres se integren no sector produtivo galego poñendo en marcha, mellorando e consolidando as súas iniciativas empresariais a través de catro liñas de actuación.

Así a liña Emprende estimula a creación de empresas por parte de mulleres; o plan Innova finanza iniciativas de innovación en proxectos empresariais; Activa trata de reactivar e consolidar os proxectos que debido a crise sofren dificultades de mantemento e Concilia promove programas de apoio á conciliación do exercicio profesional coa vida persoal e familiar.

A titular de Igualdade explicou na súa intervención que poderán ser beneficiarias do proxecto as emprendedoras e empresarias que crean emprego feminino por conta allea e para aquelas empresas constituídas por mulleres baixo calquera forma societaria.

O 'Programa Emega' conta cun orzamento de 669.740 euros e o prazo de presentación das solicitudes rematará o vindeiro 22 de xullo. Dende o ano 2009, a Secretaría Xeral de Igualdade leva investidos no Proxecto Emega 3.465.740 euros. Dito investimento supuxo a creación de máis de 400 postos de traballo feminino.