A Xunta pon en valor o traballo de todas as mulleres que contribuíron no pasado ao avance da igualdade

  • A Xunta pon en valor o traballo de todas as mulleres que contribuíron no pasado ao avance da igualdade
  • A Xunta pon en valor o traballo de todas as mulleres que contribuíron no pasado ao avance da igualdade

Lugo, 12 de marzo de 2019.- A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe en Lugo no acto Revolucionando o mundo, organizado polo Centro Integrado de Formación Profesional As Mercedes, onde puxo en valor o traballo de todas as mulleres do pasado que contribuíron ao avance da igualdade real entre mulleres e homes.

Na súa intervención, citou como referentes en distintos ámbitos a figuras tan relevantes como Concepción Arenal, Clara Campoamor, Rosalía de Castro ou Emilia Pardo Bazán. Neste sentido, lembrou que a Xunta anunciou a creación das Medallas Emilia Pardo Bazán, que terán como obxectivo recoñecer publicamente as accións desenvolvidas en Galicia en favor da igualdade real e efectiva.

Tema: